luns, 4 de maio de 2015

Libraría Institucional




A Xunta de Galicia vén de presentar a súa Libraría Institucional a través da rede, unha plataforma virtual dirixido a toda a cidadanía,  na que se recollen as publicacións das diferentes consellerías e organismos dependentes da Xunta. Esta Libraría dixital convértese así nun punto de acceso para a adquisición dos materiais dispoñibles nun amplo catálogo, sexan estes venais ou gratuítos.

As bibliotecas escolares poden atopar neste recurso materiais de interese e, ao tempo, é unha ferramenta para dar a coñecer aos distintos departamentos do centro.

luns, 13 de abril de 2015

Galicia.Le


GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.

Video presentación da plataforma nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de novembro do 2014

martes, 31 de marzo de 2015

Novidades: La Educación Física en Secundaria basada en competencias



La Educación Física en Secundaria basada en competencias permite unha aproximación dende a educación física ao modelo baseado en competencias que entrou en vigor coa LOE e que continuará a ter vixencia no modelo LOMCE e posiblemente en modelos sucesivos, pois supón un marco común nos sistemas educativos europeos.

A obra, que está formada por cinco libros, achéganos unha análise do modelo baseado en competencias dende a óptica da materia da educación física. Dende esta perspectiva, un grupo de contrastados autores analizan os diferentes elementos prescriptivos do currículo da educación física cunha visión que permita consecución das competencias básicas.

Seguir lendo a reseña da editorial.

domingo, 1 de febreiro de 2015

Benvidos ao novo blog

Estamos probando novas formas de achegarvos as noticias e as novidades da nosa biblioteca neste novo blog, pero precisamos a vosa axuda.
Como vedes nas lapelas de navegación tedes na última un formulario de contacto para facernos chegar as vosas consultas, recomendacións e suxestións en canto adquisicións para a nosa, que é vosa, biblioteca. Cando precisedes algunha obra e non a atopedes no noso catálogo, completade o formulario de contacto para facérnolo saber.
Grazas