Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de maio de 2015

Libraría Institucional




A Xunta de Galicia vén de presentar a súa Libraría Institucional a través da rede, unha plataforma virtual dirixido a toda a cidadanía,  na que se recollen as publicacións das diferentes consellerías e organismos dependentes da Xunta. Esta Libraría dixital convértese así nun punto de acceso para a adquisición dos materiais dispoñibles nun amplo catálogo, sexan estes venais ou gratuítos.

As bibliotecas escolares poden atopar neste recurso materiais de interese e, ao tempo, é unha ferramenta para dar a coñecer aos distintos departamentos do centro.

luns, 13 de abril de 2015

Galicia.Le


GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.

Video presentación da plataforma nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de novembro do 2014